ALADDIN DECK ENHACER
|
|
|
|||||||
|
||||||||
|
|
|
|||||||
Este
accesorio foi anunciado no ano 1992 no CES por "Cameria" pero pouco despois esta
compañía entrou en quebra e desapareceu polo que o "Aladdin" non foi distribuído
oficialmente fora dos Estados Unidos de América.
"Codemasters", creadora entre outras cousas do "Game Genie" e deseñadores de videoxogos ("Micromachines"), deseñou este accesorio co propósito de facer que os xogos que ela mesma programaba para a NES foran máis baratos e xa de paso facela máis potente. Tranquilo, agora explícoche que quere dicir iso de máis baratos e facela máis potente: máis baratos porque dentro do Aladdin encontrase todo o que lle fai falla a un xogo para funcionar excepto a ROM do xogo (obviamente), é dicir, o "Aladdin" incorpora o MMC específico dos xogos de "Camerica" e o o circuíto anti-lockout, polo que o xogo soamente necesitará unha ROM para gardar o seu código. O de facela máis potente conséguese mediante o procesador gráfico que incorpora e ós 64Kb de memoria RAM extra que incorpora, polo menos iso e o que di o manual e móstrase nas imaxes de abaixo. Aínda que a verdade é que o final iso de potenciar só foi un movemento de marketing xa que está demostrado que o que hay dentro do "Aladdin" é exactamente o mesmo que hay dentro dun xogo de "Codemasters": 8KB (64Kb) de RAM, o circuíto "anti-lockout" e os diferentes mappers de Codemasters integrados nun solo chip, polo que o final só servía para abaratar costos. A pesar de solo abaratar costos parece que os xogos para o "Aladdin" van máis fluídos que a versión en cartucho, polo menos é o que sucede na versión de Micromachines para o Aladdin.
Interior do "Aladdin" e de un cartucho para o "Aladdin" (Dizzy the adventurer), a rome é tan pequena que podería pasar por un xogo dunha portátil.
O mellor de todo e que o "Aladdin" é capaz de funcionar nunha NES Americana ou nunha PAL. Na primeira versión utilizábase un interruptor para escolle ren que consola ía ser utilizado pero n asegunda isto faise de maneira automática, isto ten a ventaxa que non tes que tocar nada pero hai que esperar uns segundos a que o "Aladdin" "memorice" as sinais que lle manda o circuíto de lockout dan es para poder comezar a xogar, aínda que hai veces que a espera é mínima e outras nas que debes facer un restes a consola para conseguir que o Aladdin sincronice coa consola, isto debe ser normal porque no manual recomendan que s ien dez segundos non sae a pantalla de título reinicies a consola.
Aínda que non foi lanzado oficialmente, o "Aladdin" foi distribuído por Camerica unicamente en América e pode que con sorte encontres en ebay algún pack formado polo "Aladdin" e os sete xogos a un prezo de arredor duns 100 dólares (ou máis). O "Aladdin" ía acompañado do xogo "Dizzy the adventurer" e puxéronse á venda seis cartuchos: "The fantastic adventures of dizzy", "Big nose freaks out", "Linus spacehead's cosmic crusade", "Micro machines" e dous cartuchos de catro xogos: "Quattro adventure" e "Quattro sports". Ademais de estes xogos dicíase que estábanse preparando doce xogos máis para este accesorio, o menos iso asegurábase na parte traseira da caixa. De eses doce xogos só uns cantos ("F16 Renegade" e "Mig 29 Soviet Fighter" entre outros) apareceron, pero non par ao "Aladdin" se non para a NES.
O seis xogos que saíron para o "Aladdin deck enhacer"
A verdade é que a maioría de xogos
que sacaron eran bastante bos, aínda que para min os que fallaban era nos de
catro xogos, sobre todo o "Quattro sports" no que o xogo de fútbol ou o de tenis
son moi simples. Graficamente non demostran moito xa que parece que sinxelamente
limitáronse a cambiar algúns detalles dos xogos que x atiñan versión para NES
como se pode ver na imaxe de "Fantastic adventures of Dizzi" dea baixo, así que
é aínda máis probable que o ADE simplemente sexa un cartucho de Codemasters
peros en ROM.
É difícil saber si este accesorio
puidera triunfar dado a que case non chegou a distribuírse, pero de seguro, si a
"Camerica" fóranlle ben as cousas coa distribución dos xogos de "Codemasters" (o
que indicaría que os seu xogos tiñan éxito), é casi seguro que o ADE triunfara
xa que basicamente as diferenzas entre un xogo de Codemasters para NES e para o
ADE só sería de prezo.
Se es coleccionista, o "Aladdin" é un accesorio da NES que non debería faltar na
túa colección xa que é un accesorio bastante raro e curioso. Se non es
coleccionista pero gústanche as aventuras gráficas, a escusa para compra reste
accesorio te nun par de nomes: "Dizzy" ou "Linus Spacehea's Cosmic Crusade"
(este último en castelán) e x ade paso podes engadir o "Micromachines" que tamén
é moi bo. En eBay pode que atopes algún destes xogos soltos por uns $20 e o
"Aladdin" con "Dizzy the adventure" por uns $30. Tamén pode que encontre so pack
con todos os xogos por uns $100. A todos estes prezos deberías engadirlle os
gastos de envío que seguramente andarán polos $15-$20.
Case todo o que hai escrito aquí saqueino de internet, concretamente das webs de
abaixo, ou do que deducín da miña experiencia con el:
->
http://www.nesworld.com/aladdin.htm
->
http://www.atarihq.com/tsr/odd/aladdin/aladdin.html
->
http://members.fortunecity.com/a_king/accesory/aladdin.html
->
http://www.nesplayer.com/features/aladdin/aladdin.htm
->
http://www.planetnintendo.com/thewarpzone/aderev.html
PITETA
Traducido por Efremigo