As diferenzas do Super Mario Bros 3 xaponés

     Pois isto que explico aquí, pasoume un día que me deu por xogar a versión xaponesa de Super Mario Bros 3, por todos é ben sabido xa que é o meu xogo preferido de NES.

Resulta que estes xaponeses soen facer cambios de última hora cando sacan un xogo das súas fronteiras a USA. O motivo é (e isto é o que explicou máis de un xaponés) que o parecer moitos xogos poden resultar moi difíciles ós yanquis e fanlles cambios para que sexan un pouco máis fáciles (pobriños). Así pasa con xogos coma Megaman 2, que ten opción "Normal" ou "Difícil" mentras que a versión xaponesa é soamente "Dfificil", Super Mario Bros 3, que é do que vou falar agora. E no peor dos casos non salían de alá, como pasou con "Final Fantasy 2" ou con "Super Mario Bros 2" xaponés. Claro, se non salen en USA, menos van a saír en Europa e isto é un grave inconveniente.

Volvendo o xogo do que falo, fágovos unha lista con fotografías de diferenzas que vin na versión xaponesa, se alguén viu máis, por favor informádeme a RetroNES@hotmail.com

 
 

 

Non sei si lles soará isto. É a fortaleza do mundo 1, e esa porta leva ata o xefe final. Si se fixan en outras versións, a parece remata xusto onde están os pinchos máis elevados. Parece unha parvada pero os xaponeses pensarían que isto sería unha dificultade para os yanquis. ;-D

 

 

 

 

Ó entrar nun nivel fai un efecto de comida negra de pantalla de fora para dentro no mapa e unha vez dentro do nivel vai de dentro para fora, como se pode observar na fotografía.

Nas demais versións só fai o primeiro efecto pero cando está dentro do nivel, non fai o efecto de dentro para fora, soamente mostra o nivel de repente.

 

 

Sei que vos chamarán a atención estas fotografías polo simple feito de que están en xaponés. Pregúntome si queren dicir o mesmo na versión en inglés.
 
 

OUTROS DATOS

Cando estás transformado en calquera cousa (Mario fogo, Mario mapache, etc...) e tócache algún enemigo, transfórmaste en Mario normal, como pasaba en Super Mario Bros. Nas demais versións si te tocaban transformabaste en Super Mario. De esta maneira dábanche máis vantaxe e facíase máis doado.

Boom, o xefe da fortaleza do mundo 2 non ten alas na versión xaponesa.

A versión Europea de SMB 3 é moito máis rápida que a Xaponesa e Americana. Isto é debido a que cando xogas en Europa con televisións PAL esta velocidade víase reducida semellándose á xaponesa e americana. De este modo o xogo era o máis parecido posible a versión NTSC. Isto soamente o notarás en emuladores, nun televisor resultará igual.

ROMS

Aquí vos poño a rom xaponesa, americana e europea para que poidades comparar.

Super Mario Bros 3 japonés

Super Mario Bros 3 americano

Super Mario Bros 3 europeo

DISKOVER

Traduccido por Efremigio